Nino

Nino Centro de Impresión Dixital nace en 1977 en Compostela, como Copynino. Durante estes corenta anos, sen abandonar a nosa marca, estivemos ao servizo da comunicación gráfica tanto do sector público como privado, avanzando cos tempos na incorporación de tecnoloxía para ofrecer os produtos máis avanzados á nosa clientela.

Nas nosas instalacións o equipo de NINO realiza todas as fases do proceso de produción, o que nos permite gañar en competitividade e rapidez.

Os nosos servizos abarcan o deseño gráfico, a impresión dixital, offset, gran formato, serigrafía, dixitalización e editorial. A nosa prensa dixital de alta produción Xerox Igen4 permite a impresión de todo tipo de publicación á carta, sen esixencia de tirada mínima: libros, teses, catálogos, revistas, memorias, documentos con dato variable etc…