NINO lanza a súa nova tenda online!

NINO amplía a súa oferta integral de servizos cunha nova tenda online. Visítaa e obtén os mellores prezos!

NINO dá un paso máis na súa historia mediante o lanzamento dunha nova tenda online con máis de 100 variedades de produtos.

Con esta ferramenta ofrecemos á nosa clientela un instrumento sinxelo e intuitivo onde poder atopar os produtos máis habituais a un prezo máis competitivo. Ademais de facilitar o encargo e abono dos seus traballos sen necesidade de desprazamentos.

Entre os produtos dispoñibles atópase toda a papelería corporativa e publicitaria para o seu negocio ou evento profesional ou particular: tarxetas de visita, papel carta, sobres, cartafoles, folletos, dípticos, axendas, selos ou cartelería. Existe unha sección específica para hostalería, así como a nosa sección editorial, na que estarán á venda as publicacións que se adhiran ao noso novo selo NINO Edicións. A tenda arrinca cun centenar de produtos.

Nos próximos días ampliarase con novos produtos e seccións, en especial unha sección de impresión gran formato e novas publicacións na nosa sección editorial.

A tenda nace co ánimo de facilitar o encargo daqueles produtos acabados máis habituais, estandarizados e a un mellor prezo. Así mesmo, en NINO temos claro que a personalización dos produtos, a impresión baixo demanda e a procura de solucións gráficas á medida de cada cliente é algo fundamental. Por iso poderá atoparnos onde sempre para axudarlle e asesorarlle no deseño e impresión do produto que necesite, á súa medida.

Na seguinte ligazón poderá acceder á noticia publicada no medio El Correo Gallego, o pasado día 19 de xullo, sobre NINO, a súa historia, presente e un futuro por imprimir….

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/nino-saca-un-nuevo-sello-web-tienda-on-line/idEdicion-2018-07-19/idNoticia-1127554/

Accede á nosa tenda online e benefíciate, ata o 31 de agosto, dun bono desconto. Introduce o código PROMOESTRENONINO e obterás un 10% de desconto na túa primeira compra.

Grazas pola súa confianza

Equipo NINO Impresión Gráfica