Editorial

Dise que unha das cousas que se ha de facer algunha vez na vida é escribir un libro. Chegado ese momento, NINO EDICIÓNS é a editorial posta á túa disposición para facilitarche a súa publicación.

Se como escritor/a, investigador/a queres publicar a túa obra, NINO EDICIÓNS ofréceche todos os servizos editoriais de maquetación, deseño de portada, impresión e encadernación, tramitación de depósito legal e ISBN. Ademais dunha canle de venda online totalmente gratuíto para ti. A túa publicación estará dispoñible baixo demanda en todo momento, tanto en papel como en formato ebook. O éxito é teu!

O feito de prestar, con persoal e equipamento propio, todos os servizos do proceso de publicación permítenos gañar competitividade. A nosa traxectoria durante 40 anos, traballando especialmente coa comunidade universitaria na edición das súas teses e publicacións, aválannos.

Como lector/a, consulta a sección editorial da nosa tenda online, descárgache a obra seleccionada en formato ebook ou encarga o teu exemplar impreso para recollida en tenda ou envío ao teu domicilio por correo postal.

NINO EDICIÓNS, a editorial á túa medida con plataforma de venda online propia.