NINO Centro de Impresión Digital participa no grupo de comercio innovador impulsado por Santiago Centro, Área Comercial

Quince establecementos participan na iniciativa, que impulsará e testará accións concretas e tecnoloxías xa dispoñibles para dinamizar as vendas e mellorar a experiencia dos clientes.

Os establecementos integrados son ATMÓSFERA CENTRO DEPORTIVO, CORE SURFING, DULCE CALVO PERFUMERIA, ESPAGAT URBAN GYM & SPA, GALERIA METRO,  JAEL JOYERÍA, KOOKAI, LA TIENDA DE MARÍA, NINO CENTRO DE IMPRESIÓN DIGITAL, NOBEL MUEBLES, OPTICA VAL, PATUCOS & CO, SARTO, TETÉ NIÑOS e TIRO LIBRE.

O Grupo de Comercio Innovador reúne no seu inicio a un conxunto reducido de establecementos, para facilitar a operatividade na posta en marcha do programa. A través desta iniciativa impulsaranse accións para mellorar a competitividade das empresas e testaranse iniciativas e tecnoloxías que poden axudar a mellorar as súas perspectivas. Marketing dixital, análise de datos, tecnoloxía no punto de venda ou tenda web serán algúns dos temas que se analizarán ao longo das sesións nas que, a razón dunha ao mes, participarán as empresas adscritas.

A iniciativa é liderada por expertos en innovación comercial e dinámica de grupos e porá énfase no desafío tecnolóxico e a experiencia de compra.

O Grupo de Comercio Innovador de Santiago Centro inspírase na experiencia da organización Innovative Trade Bilbao (CIB Bilbao), coa que Santiago Centro traballa actualmente un amplo acordo de cooperación.