Preimpresión

A preimpresión permite a optimización do traballo en cada produto gráfico. Comprende as diferentes fases do proceso que vai desde o deseño gráfico ata o comezo da impresión: deseño, edición, maquetación e probas de cor.

NINO conta cun equipo propio de deseñadores cunha ampla e recoñecida experiencia en maquetación de todo tipo de materiais, en especial teses e publicacións.